SO.xug

A distribución de GNU/Linux das universidades galegas. Está baseada na Ubuntu 12.04 e basicamente presenta unha adaptación gráfica cunha selección de paquetes base para as tres universidades galegas.

Descárgaa…

Código fonte

Publicación de todo o código xerado no proxecto e a documentación asociada que se vaia realizando mediante o uso de licenzas libres. Máis adiante tamén se publicarán neste mesmo sitio web os deseños realizados para a personalización da imaxe gráfica da distribución, en formatos estándar e con licenza libre.

Código en gitweb »

Instalación

Pode instalar a SO.xug desde cero ou configurar o repositorio nunha Ubuntu 12.04 a través do Centro de Software nos Orixes do Software. Engada o seguinte repositorio:

deb http://packages.cixug.es/ubuntu/ precise main

A continuación importe a chave gpg do repositorio.

Descargar chave »

---

Ou ben, execute os seguintes comandos:

# echo "deb http://packages.cixug.es/ubuntu/ precise main" >> /etc/apt/sources.list.d/soxug.list
# wget -q -O- http://packages.cixug.es/so.xug/lists/xug-keyring.gpg | apt-key add -

Sobre o proxecto

Está desenvolta pola OSL do CIXUG, que se encarga de promocionar o Software Libre nas universidades galegas. A distro é un dos proxectos que a OSL do CIXUG realiza ao abeiro do Convenio de Colaboración asinado coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

Máis información »